CARRIL BICI
PROCESO
O primeiro que fixemos foi pornos en contacto co Concello de Redondela para trasladarlle a nosa intención. Agardamos un par de semanas, e como non obtivemos resposta, empezamos a traballar sen o concello. Seguemos os seguintes pasos:
​
-
Planificación e deseño: O primeiro que fixemos foi identificar a posible ruta do carril bici. Tivemos que realizar estudos do tráficos e valorar por onde podí ir o carril bici según as carreteras e as direccións. Unha vez que identificamos a ruta, fixemos o deseño do carril bici, considerando como era a largura do carril, as sinais e os obstáculos.
-
Adquisición de permisos e financiamento: este paso é moi necesario pero nos non puidemos levalo a cabo porque non obtivemos resposta do concello. O que sí fixemos foi buscar presupostos doutras cidades e valorar se valía a pena facer un carril bici en Redondela.
COMO DESEÑAMOS A POSIBLE RUTA?
​
O primeiro que fixemos foi buscar unha aplicación que nos deixara traballar con Google Maps sobre ela, pero encontramos algo mellor. Atopamos unha función que ten Google Maps para poder diseñar rutas a pé, en bici, en coche, etc. Ao principio, os dous primeiros días, a ferramenta ía moi ben, pero ao terceiro percatámonos de que non se estaba gardando ben a nosa ruta, faltábanlle pequenos anacos.
Neste contexto decidimos buscar outra forma de levar a cabo a nosa idea e atopamos unha web onde nos deixaba perfectamente desarrollar a ruta e, ademáis, permitíanos publicala para que outra xente a puidera ver. A web e moi sinxela de manexar. Podes engadir moitas funcións e ata tes a opción de que che diga canto tardarías en facer a ruta dependendo do ritmo que leves. Todo o eqipo recomendamos moito esta web.
​
PROBLEMAS COAS DIRECCIÓNS DAS RÚAS
​
Unha vez comezamos coa ruta, atopámonos con varios problemas entre os que destacan:
-
Algunhas rúas son demasiado estreitas e non era viable engadir un carrilpara as bicicletas
-
Nunha das rutas máis favorables que fixemos non era posible pola dirección. Teríamos que cambiar de sentido a vía e iso podería afectar a outras.
SOLUCIÓNS COAS DIRECCIÓNS DAS RÚAS
-
Buscamos outras vías onde sí se podía engadir un carril bici, ou por exemplo o paseo de area que está xunto ao campo da feira.
-
En vez de engadir o carril bici pola carretera, o engadimos por un paseo de area